A ABE COLABORA CO CLUBE DE REMO CABO DE CRUZ CON MOTIVO DA XXII REGATA CONTRARELOXO
Boiro 6 de febreiro de 2025
A ABE colaborou un ano máis co Clube de Remo Cabo de Cruz con motivo da XXII Regata Contrareloxo que dende hai xa tres ano leva o nome de #somosboiro.
Nesta ocasión aportamos os premios para o concurso de ergómetro que se celebra en paralelo ao evento principal.
Na entrega de bandeiras participaron varios directivos da ABE, un pracer colaborar no evento e noraboa aos participantes.